26 junio 2007

A um paso de gatinhar...

Lula hoxe estivo tentando erguer o cú estando boca abaixo e coa cabezinha erguida. Ademais, deu-se movido um meio metro arrastrádose cara atrás.

Pensamos que está perto de se botar a gatinhar.

24 junio 2007

Na aldéa de papá

Pasamos o día na aldéa de papá, có avó Eduardo, a tía Ruth e Robert, Pili e Javier e Emérita e Jose.

O avó Eduardo cocinhou-nos um polo asado e um churrasco moi rico, aínda que Lula aínda nom o poido provar, ensinou-nos os enxertos e xogou moito com Lula.

A tía Pili de papá segue a dicir que nom é neneira, e díxo-lhe a Emérita que Lula lhe ría a ela mais do que a ninguem, aínda que o certo é que Lula lhe rí a todo o mundo, ao avó Eduardo mesmo lhe riu a gargalhadas.

22 junio 2007

Rir à esgalha !!!

Hoje Lula riu às gargalhadas por primeira vez, a conta dos chistes que lhe fixo a tía Anxos.

Ademais, na terraça na que estabamos tomando algo a tía Anxos e mais mamá, Lula nom quixo ser menos e lhe botou as mans e a testa à cerveja de mamá, e case tira com ela. Depois quería lamber as mans porque lhe caíra cerveja nelas.

Que mal imos... e aínda tem só 4 meses...

18 junio 2007

Lula quere beber

Estivo o día enteiro botándo-lhe as mans aos vasos cada vez que nos vía beber a nós. Ao final acheguei-lhe o vaso aos beizos, púxo-lhe as mans arredor, botou a lingua fora e penso que bebeu um pouco.

Nom estou moi certa de que fose bóa ideia dar-lhe porque tusiu um pouco, imaxino que por a temperatura da auga (do tempo, nom quentinha como o leite que toma sempre).

Ademais, papá cambiou o seu primeiro cueiro, e o fixo moi bem.

15 junio 2007

Estamos acatarradinhas

Onte voltamos ao médico porque Lula está acatarradinha dende o domingo, que se puxo a chover e baixarom bastante as temperaturas.

O mércores parecía que estaba melhor, mas o xoves à manhá volver estar mais atascadinha e decidim ir ao médico porque ja levaba muito tempo malinha.

E ali fomos, chovendo como chovía, e eu acatarrada também dende o luns (e sem poder tomar mais que paracetamol).

A pediatra miroulhe os ouvidos, ascultoulhe o peitinho e preguntou se comía bem, que come. Dixo que estaba bem, e que mentres o catarrinho nom se compricase nom havía mais que agardar.

08 junio 2007

Ja temos cole

Pedimos sitio para a galescola de Vite e para a escola municipal de Fontinhas.

Na galescola de Vite demos pedido sitio porque José Ramón e Teresa me avisarom de que o prazo estaba a piques de rematar e de onde podiamos colher os papeis. O día antes de que rematase o prazo eu fora preguntar a información da vicepresidencia e me dixerom que nom sabíam rem, a pesares de que o día seguinte, o día que remataba o prazo, foi na mesma janela na que entreguei a solicitude.

Na galescola de Vite entramos por pouco, porque (nom me preguntes por que) os nenos dos funcionarios da xunta entram antes, afortunadamente nom ha moitos cativos que nacesem este ano, o neno de José Ramón e Teresa nom entrou porque naceu no 2006 e desse ano entrarom mais de 20 filhos de funcionarios e só quedarom 3 praças para os demais. Nom entendo isto, paréceme bem que lhes ponham umha gardería para eles no edificio da xunta mas nom entendo que tenham ventaxa por diante dos demais numha escola pública, que pagamos todos.

O mércores, antes de ir á xuntanza de Mámoa, fomos mirar se entraramos na escola de Fontinhas e estabamos bastante abaixo na lista de espera, assi que hoje ja nos fomos matricular na galescola.

07 junio 2007

Umha vacina mais

Fomos à pediatra para a revisom dos 4 meses, dixéram-nos que nos íam mandar tomar cereais porque nos dixeram que sempre o mandabam aos 4 meses mas, na conta disso, dixo que Lula estaba moi bem de peso e que seguise só có peito.

Imos ter que lhe devolver a sona, porque ademais nos dixo que, no caso de que lhe quixese dar cereais, que tivese conta de lhos dar sem glutem, e que lhos dese fazendo a papa có leite do peito.

06 junio 2007

Que nena mais espabilada!

Os mércores imos à xuntanza coas de mámoa, a asociaçom pro-lactancia, e alí Lula xoga na colchoneta mentres mamá fala coas outras nais.

Desta volta lula andivo a rebolos na colchoneta, dando voltas de boca arriba a boca abaixo e de boca abaixo a boca arriba, e colocaba bem os brazinhos estando boca abaixo e erguía a cabeça, e todas se surprenderom porque seica aínda è moi pequecha para fazer todo isso.

Debe ser de tudo o que xoga na manta que lhe mercamos...