17 mayo 2009

O día das letras galegas

Na escola da Lula cantarom e bailarom...

22 marzo 2009

Gostas de conducir?

Lula ja conduce moi bem !!!

video

21 febrero 2009

No parque de Castrelos

Fomos ver aos avós, e aproveitamos para ir ás randeeiras !!!

video

18 febrero 2009

A festa do entroido da escola

Aínda que non o pareza, vai de astronauta !!!

20 febrero 2008

A Lula botouse a caminhar!!

Despois de andar a facer probas e máis intentos, por fin, a nena botouse a andar. Lula quería que Mamá a levasse da mao até unha pelota e como Mamá estaba moi ocupada, foi ela misminha dando media dúcia de pasos ate o ansiado obxeto :).

A que mola? :)

02 febrero 2008

Xa chegou O Papá de Lula


Como Mamá anda moi atarefada, pediume que me encargase eu de actualizar o blogue da nena. Nom sei con canta periodicidade o farei, xa que eu tamén ando liado cas minhas cousas.

En fin, así que agora, "O Lobo", o Papá de Lula, vai a informar das aventuras e os avances da nena.


Saúdos para tódolos visitantes interesados na Lula!.

11 enero 2008

Ja tem 11 meses !


E cada día está mais grande e bonita, hoje fomos ao pediatra para pesala e subeu 440 gramos neste mes.

O mércores em mámoa umha companheira disse que cambiaram a enfermeira da pediatra e que esta era aínda pior do que a de antes com o tema do peso dos bebés, mesmo lhe disse que voltase ao día seguinte para volver pesar ao seu bebé (quando isto nom tem senso nengum, porque de um día para outro, dependendo de se fixo mais ou menos caca ou pis, ou se comeu justo antes de a pesar pode ter aumentado ou diminuido de peso).

Eu tinha pensado, se ela me dicía algo do peso, dizer-lhe algo do estilo "isto nom lho dirás às que tem bebés de um mesinho ou dous, nom? porque podes rematar com muitas lataçons maternas..." e contarlhe, por exemplo, o que lhe pasou á mulher do meu xefe que perdeu o leite porque o pediatra lhe disse que tinha que lhe dar o peito à filha cada 2 horas e como muito 15 minutos de cada peito, só que como a nena subeu tanto de peso, nom lhe poidem dizer nada.

Por outra banda, hoje na gardería estava-lhe eu a dar a teta à Lula quando chegou umha mamá a buscar á súa nena e as da gardería lhe comentarom que a nena tomara todo o biberom mas que estiveram mais de umha hora para que o rematase, que sempre tardaba muito. Eu pensei que estaba mui bem que na gardería tivessem a paciéncia de estar a lhe dar o biberom mais de umha hora, mas tambem pensei que se ha nenos de biberom que tardam mais de umha hora em tomar o biberom por qué os nossos meninhos de teta tem que tomar o peito em 15 minutos...

E falando da gardería... depois de 2 meses JA NOM CHORA QUANDO QUEDA NA GARDERÍA!!! Esta semá ficou contente e despideuse de mim sorrinto tudos os días!!! Imagino que ja se deu de conta de que sempre volto á buscar. Antes ficaba chorando e, aínda que eu sabía que depois jogaba e ría toda a manha, sempre pasava a manhá cismando no de que a nena chorase, agora vou moi tranquila ao trabalho.