31 marzo 2007

Fabián vem a Santiago

Aproveitando que vinhera Fabián a Santiago tambem vinherom a tía Ruth e o tío Moncho, que som tambem amigos de Fabián.

Lula estaba um pouco nervosa por ter tanta xente na casa, e coma Lula xa é nervosinha de por sí, estar um pouco nervosa quere dizer que nom daba deixado de chorar, aso que a tía Ruth a colheu e a acarinhou até que Lula quedou durmidinha no seu colo. Que mam tem a tía Ruth!

Fabián fíxolhe tambem moito casinho a Lula e ela encantada, claro, porque lhe encanta que os maiores falem com ela e mirem as cousas que fai.

Despois fomos dar umha volta por Santiago Fabián, o tío Moncho, papá, mamá e mais Lula.
O tío Moncho levou a Lula na mochila case todo o tempo, e xa se pode crer, porque por causa disso nom puido fumar em todo o tempo do passeio.

28 marzo 2007

A tía Pili

Vinherom de visita a Pili e mais Javier, os tíos de papá, coa tía Ruth e mais Robert.

A tía Pili de papá di que nom é neneira, mas quixo ter a Lula no colo todo o tempo, a pobrinha da tía Ruth tivo que se conformar com lhe sacar a Lula fotos có móbil.

23 marzo 2007

Os avós vem de visita









O avó Pablo e a avóa Carminha están de visita. Eles vem os venres, sempre que podem, e imos pasear eles, mamá e Lula.

O avó Pablo sempre quere empurrar o coche de Lula, e mentras mamá e a avóa Carminha vam falando das súas cousas, o avó Pablo fala com Lula.

19 marzo 2007

O banho

Antes Lula nom gostaba do banho, mas cada día o disfruta mais. Ademais, sempre lhe chama a atençom a cámara de fotos e adora mirar cara papá.

Nesta foto xuntárom-se as tres cousas, por isso Lula tem esa carinha entre curiosa e leda.

15 marzo 2007

Outra vez no pediatra

Estivem-lhe dando de mamar meia hora cada vez que pide e o peso vai bem.

08 marzo 2007

Primeira visita à pediatra

Tinhamos que ter ido ao pediatra aos 15 días de nacer a nena, só que como estava no hospital...

De todos os xeitos, nesta visita dixerom-nos que todo está bem, aínda que a nena está algo baixa de peso, temos que voltar numha semá para ver como evolúe o seu peso.

Comentei-lhe à enfermeira da pediatra que a nena está a chorar o día enteiro e se é normal que nom durma nada, ela ensinou-me a lhe quitar os gasinhos da barriguinha e me dixo que nom lhe podía impor um horario se lhe daba o peito, mas que quando ela quixese teta que nom tinha por que tomar mais de meia hora e, depois, a durmir.

Vou fazer assi, a ver que tal...