Lula leva dous días na casa e nom deixa de chorar, día e noite. Esta seguido na teta, mamando e durmindo mas nom a podo pousar nunca porque se a pouso esperta, e berra moitísimo, e chora.
Estou desesperada, nom podo durmir, nem comer, nem ir ao banho nem me duchar, só podo estar coa nena no colo e a teta na súa boquinha.
Papá dixo que nom podía ser que, se levaba dúas ou tres horas comendo, seguise a ter fame, e me obrigou (e lho agradezo) a agardar os minutos que di no livro do Estivill. Había que agardar 1 minuto e, antes de que se cumprise, a nena quedou durmida. Penso que choraba de que tinha tanto sono que se sentía mal a gusto.
Chamei a Azu e mais a Maika desesperada a lhes pedir conselho. Azu díxome que lhe dese teta tanta coma ela quixese mais isso nom pode ser porque é o que fago agora e assi nom vou dar sobrevivido moito tempo.
Maika díxome que a ela lhe aconselharam que lhe dese cada 3 horas e nom mais de um cuarto de hora de cada teta, que a nena assi se espabilaba e comería mais rápido de cada vez. Quando saim do hospital déram-me um papel com instrucçoms de como fazer um biberom e uns horarios de tomas, vou tentar seguir os horarios de tomas.