08 junio 2007

Ja temos cole

Pedimos sitio para a galescola de Vite e para a escola municipal de Fontinhas.

Na galescola de Vite demos pedido sitio porque José Ramón e Teresa me avisarom de que o prazo estaba a piques de rematar e de onde podiamos colher os papeis. O día antes de que rematase o prazo eu fora preguntar a información da vicepresidencia e me dixerom que nom sabíam rem, a pesares de que o día seguinte, o día que remataba o prazo, foi na mesma janela na que entreguei a solicitude.

Na galescola de Vite entramos por pouco, porque (nom me preguntes por que) os nenos dos funcionarios da xunta entram antes, afortunadamente nom ha moitos cativos que nacesem este ano, o neno de José Ramón e Teresa nom entrou porque naceu no 2006 e desse ano entrarom mais de 20 filhos de funcionarios e só quedarom 3 praças para os demais. Nom entendo isto, paréceme bem que lhes ponham umha gardería para eles no edificio da xunta mas nom entendo que tenham ventaxa por diante dos demais numha escola pública, que pagamos todos.

O mércores, antes de ir á xuntanza de Mámoa, fomos mirar se entraramos na escola de Fontinhas e estabamos bastante abaixo na lista de espera, assi que hoje ja nos fomos matricular na galescola.