07 julio 2007

Sábado da rapa

Despois de jantar fomos à casa dos tíos Lino e Olvido de mamá para ver a baixa dende alí, o problema foi que Lula levou moito susto có ruido dos fogos que anunciabam que chegabam as bestas e se botou a chorar.

Quando a conseguimos acalmar quedou durmida na hamaca e ja nom poidemos ver os cabalos. Aínda que os vimos mais tarde quando íam cara o curro.