22 octubre 2007

Que lhe pasa a Lula?


Leva varios días durmindo mal, esperta cada 5 minutos berrando e despois durme deseguida porque temos muito sono. Ademais, hoje na gardería dixerom-me que teve diarréa.

Fomos ao médico, mirou-lhe os ouvidos e a gorxa e dixo que estaba bem, que na barriga só tinha uns poucos gases e que nom lhe notaba que lhe fosem sair os dentes.

Dixo que agardase uns días a ver se se ponhía pior de algo ou lhe saía algum dente e, se nom, "como toma teta, será vicio".



14 octubre 2007

Daqui a um pouco bota a correr

Quando nos descoidamos estava assi a nena apoiada nas barras do curralinho.

Leva mais dumha semá apoiando os pés e na gardería ja me avisaram o venres día 4 que lhe mercase uns zapatinhos para que nom lhe esvarasem os pés, mas desta vez púxose mais dereita do que o fixera.

Aínda bem que lhe falta enerxía!

10 octubre 2007

Semá da lactación materna

Como esta semá é a da lactación materna houbo umha festa na xuntanza de mámoa e forom moitas mamás e bebés.

Conteilhes o que me dixera a enfermeira da pediatra e nom lhes surprendeu nada, mesmo alguem me dixo que a ela lhe dixera a súa pediatra que de lhe sair os dentes ao filho o ía ter que destetar.

Eu xa estava tranquila porque falara com a minha curmá Azu, que sabe muito.

05 octubre 2007

Imos ter que mentir na pediatra?

Fomos a umha revissom da enfermeira da pediatra porque como a nena toma teta lhe quería mirar o peso aínda que nom lhe tocaba ir aos oito meses.

Pesouna e mediuna e dixo que de peso estaba xustinha (xusto por a linha). Preguntou quantas veces comía e dixo que comía veces demais, que aos oito meses debía comer só 5 veces no día e que nom lhe dese nada dende as 12 da noite às 7 da manhá. Que estava claro que como nom engordara muito e comía tantas veces é que usa a teta coma se fosse umha chupeta (nom será que os outros usam a chupeta coma se fosse a teta?) e que de lhe seguir a dar tanta teta lhe ía provocar anemia e infantilismo.

E nom è que nom lhe déa nada mais a comer, que toma puré de verduras com carne todos os días, e froita, que mal tem que ademais tome teta?

A Lula è moi nervosa e eu xa sei que usa a teta para se tranquilizar, e aínda assi lhe custa às veces. É umha das moitas ventaxas que tem a teta, e nom vexo por que vou renunciar a ela, e nom penso pasar as noites ouvindo chorar à minha filha por nom lhe deixar tomar da teta dez minutinhos.

Tambem me dixo que se nom lhe daba papa de cereais nom tería enerxia... (xa mirarstes este blog???!!!)

07 septiembre 2007

Ao fim gatinhando !!!

Xusto o día que fixo 7 meses botouse a gatinhar!

Foi à manhá, estando coa tía Anxos, que quando se deu de conta tivo que ir buscar à nena embaixo da mesa.

04 septiembre 2007

Outro día terríbel

Papá e mais Lula estiverom melhor hoje, aínda que nom foi moi bem e papá está asustado de volver quedar só com ela.

Aínda bem que manhá e o venres vem a tía Anxos, e eu colhim o día de vacacións o mércores para quedar com ela.

A tía Anxos é a melhor.

03 septiembre 2007

Papá vai tolear

Papá quedou hoje com Lula toda a mahá e case toléa. Aínda nom estam moi afeitos o um ao outro, papá nom sabe que fazer quando a nena chora e a nena nom sabe o que pasa...

A meio-día papá nom podía mais e Lula nom se separou da teta e à tarde estiverom mais tranquilos. Espero que manhá todo vaia melhor.