05 octubre 2007

Imos ter que mentir na pediatra?

Fomos a umha revissom da enfermeira da pediatra porque como a nena toma teta lhe quería mirar o peso aínda que nom lhe tocaba ir aos oito meses.

Pesouna e mediuna e dixo que de peso estaba xustinha (xusto por a linha). Preguntou quantas veces comía e dixo que comía veces demais, que aos oito meses debía comer só 5 veces no día e que nom lhe dese nada dende as 12 da noite às 7 da manhá. Que estava claro que como nom engordara muito e comía tantas veces é que usa a teta coma se fosse umha chupeta (nom será que os outros usam a chupeta coma se fosse a teta?) e que de lhe seguir a dar tanta teta lhe ía provocar anemia e infantilismo.

E nom è que nom lhe déa nada mais a comer, que toma puré de verduras com carne todos os días, e froita, que mal tem que ademais tome teta?

A Lula è moi nervosa e eu xa sei que usa a teta para se tranquilizar, e aínda assi lhe custa às veces. É umha das moitas ventaxas que tem a teta, e nom vexo por que vou renunciar a ela, e nom penso pasar as noites ouvindo chorar à minha filha por nom lhe deixar tomar da teta dez minutinhos.

Tambem me dixo que se nom lhe daba papa de cereais nom tería enerxia... (xa mirarstes este blog???!!!)